miércoles, 9 de octubre de 2013

CONCURSO POSTAIS

  CONCURSO POSTAIS EN SAMOS
A Asociación un paso polo futuro Ceip Samos, convoca o primeiro concurso de postais. Co obxectivo de permitir e fomentar a imaxinación dos nenos así coma as súas capacidades creativas.  Dirixido a tódolos escolares de entre :
1º de infantil e 6º de primaria.
 
PRAZO DE INCRIPCIÓN dende o 14 de outubro do 2013 ata  o 24 de novembro do 2013.
MAIS INFORMACIÓN: Consultar as bases. (colgadas no facebook e no blog da asociación)
PREMIOS
Establécense os seguintes premios para cada categoría:
 

Categoría A

1º premio: 30 euros + Diploma

2º premio: 20 euros +Diploma

3º premio: 10 euros + Diploma

4º premio: 5 euros + Diploma

5º premio:  5 euros + Diploma

 

Categoría B

1º premio: 30 euros + Diploma

2º premio: 20 euros +Diploma

3º premio: 10 euros + Diploma

4º premio: 5 euros + Diploma

5º premio:  5 euros + Diploma

 
 
 
 
 

 




                        



                                                                                                                                                                                                      1º CONCURSO DE POSTAIS –
 
CONVOCA A ASOCIACIÓN UN PASO POLO FUTURO CEIP SAMOS

B A S E S:

A asociación un paso polo futuro Ceip Samos, convoca o primeiro concurso de postais. Co obxectivo de permitir e fomentar a imaxinación dos nenos así coma as súas capacidades creativas.  Dirixido a tódolos escolares de entre 1º de infantil e 6º de primaria.

O concurso desenvolverase coas seguintes bases:

1.-PARTICIPANTES.

Poderán concurrir ao concurso tódoslos alumnos/as dos Centros escolares da comunidade, con arreglo ás seguintes categorías:

A.- Alumnos dende 1º de infantil ata 2º de Primaria.

B.- Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

2.- TEMA:

O  tema da tarxeta será libre, valorarase  a orixinalidade, a imaxinación, o que representa a ilustración e a capacidade creativa.

3.- FORMATO

O formato da tarxeta será de 15 x 21 cm.  (media cuartilla de folio Din A4) e  poderá realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.

O soporte material será papel de folio. A técnica será libre e poderán utilizarse todas as cores.

4.- PRESENTACIÓN

Presentaráse unha soa tarxeta por persoa. A  tarxeta irá sen firma. No dorso poñeráselle un pseudónimo (o cal ha de ter polo menos un número), así coma tamén se poñerá o curso do cativo.

Nun sobre pechado irán os seguintes datos: ( Anexo I)

- Nome e apelidos do participante

- Domicilio

- Idade

- Teléfono

- Curso e Centro do participante

- E-Mail: Opcional

- Fotocopia do xustificante de ingreso .

Por fóra do sobre que leva os datos do participante poñeráselle o pseudónimo que coincida co da postal. E terá que chegar pechado, dentro do que leva a postal.

A incrición no concurso será totalmente gratuíta para os alumnos/as que cursen hoxe en día no ceip de Samos. O resto de participantes deberán facer un aporte de 1 euro por persoa, pódese facer o ingreso na conta que se detalla ou ben facelo en man a través da asociación un paso polo futuro ceip samos, ou no mesmo centro.

Caixa rural galega

Nº d conta 3070 0020 20 6107740620

PRAZO E LUGAR DE DE PRESENTACIÓN

Dende o 14 de outubro do 2013 ata  o 24 de novembro do 2013.

Todas as postais que chegen fóra de prazo non serán recollidas.

Poderanse traer en man o ceip de Samos ou a trabes da asociación un paso polo futuro ceip Samos. Ou ser enviadas a seguinte dirección por correo postal.

Ceip Samos ; Ctra. Pedrafita, s/n - 27620 Samos (LUGO)

PREMIOS

Establécense os seguintes premios para cada categoría:

Categoría A

1º premio: 30 euros + Diploma

2º premio: 20 euros +Diploma

3º premio: 10 euros + Diploma

4º premio: 5 euros + Diploma

5º premio:  5 euros + Diploma

Categoría B

1º premio: 30 euros + Diploma

2º premio: 20 euros +Diploma

3º premio: 10 euros + Diploma

4º premio: 5 euros + Diploma

5º premio:  5 euros + Diploma

 

Expoñeranse tódalas tarxetas no concello de Samos, e as premiadas serán expostas durante tódalas festas do Nadal en dito lugar e poderán ser colgadas no blog e no facebook da asociación.

6.- XURADO

O xurado estará formado por un número de personas designadas pola asociación un paso polo futuro ceip samos. Designaranse un número de 3 persoas que non teñan contacto directo co centro escolar e o fallo será inapelable.

7.- EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Tódalas tarxetas presentadas ao concurso serán expostas no concello de Samos o día 13/ XII/ 2013.

As premiadas quedarán dende ese día ata finalizar as festas do Nadal.

A entrega de premios terá lugar no campo da festa de Samos o día 13 de decembro  do 2013, ás 19 horas, coincidindo coa xornada de xogos populares.

Os premiados serán avisados cun mínimo con dous días de antelación, vía telefónica ou por e-mail, se o tivesen.

8.- ACEPTACIÓN DAS BASES

A  participación neste concurso supón  a total aceptación das bases.


9. ELIMINACIÓN DAS POSTAIS

Eliminaranse as postais que:

-          Cheguen fóra de prazo.

-          Non reúnan os requisitos das bases.

-          Que veñan con nome, apelidos o algún tipo de identificación do autor.

-          Que veñan sen pseudónimo ou sen o curso que está a facer o neno ou nena.

-          Que sexan copias ou calcadas.

-          Que sexan feitas por adultos ou outras persoas que non sexa o debuxante.

-          Nas que axuden adultos ou outras persoas.

-          Que non traian o xustificante de pago.

-          Nas que os datos veñan sen sobre, ou nun sobre aberto.

 

10. MAIS INFORMACIÓN

Tlfonos asociación: 619 624 517


Blog: unpasopolofuturoceipsamos.blogpot.com

Facebook: facebook.com/unpasopolofuturoceipsamos

 

 

 

ANEXO I

NOME E APELIDOS
 
DOMICILIO
 
IDADE
 
CENTRO DE ESTUDOS
 
TELÉFONO DE CONTACTO
 
E-MAIL OPCIONAL
 

viernes, 5 de julio de 2013

INICIO DE SENDERISMO


Imos a coñecer o noso concello, de que xeito?, pois camiñando facendo rutas de senderismo, comezamos durante as vacacións pero posiblemente fagamos mais o longo do ano





MAÑA INICIAMOS A PRIMEIRA RUTA DEIXO O QUE PODEMOS VER E AS GRANDES RIQUEZAS DO NOSO ENTORNO



   Ruta de sendeirismo “San Cristovo do Real – Teiguín”: San Cristovo, Muíño do Pino, Renche, Lastres, Arxús, Freituxe, San Martiño, Samos e Teiguín.  
O sábado, 20 de xullo.
 
   A interesante arquitectura popular que aínda se conserva (con máis ou menos fortuna), o frescor das corgas e carrilleiras (flanqueadas de carballos e castiñeiros), o murmurio das augas e os trilos dos paxaros nas frondes, case sempre están presentes nesta ruta.
   Saída, ás 9:30, desde o pobo San Cristovo do Real, que se espella no río Oribio e no regato de Nande.
   Cando o sendeiro baixa case a rente do río vemos o Muíño do Pino e, un pouquiño máis adiante, o lugar do Muíño do Zapateiro. Unha pequena subida sitúanos no centro de Renche.
   Baixamos cara Lastres e Arxús, para ascender despois máis suaves encostas pola apracible ribeira do Oribio ata chegar a Freituxe.
   Antes de subir a San Martiño recreámonos cos bucólicos meandros deste tramo do río.
   Tras cruzar a estrada xeral seguimos a ruta de sendeirismo que descende cara Samos e, máis tarde, nos leva por terreo plano a área recreativa de Teiguín.
           San Cristovo do Real – Renche: 1,7 km.               
           Renche – Freituxe: 1,8 km.
           Freituxe – San Mariño: 1,1 km.
           San Martiño – Samos: 1,4 km.
           Samos – Teiguín: 1,9 km.
   Distancia total: case 8 km.
   Desnivel acumulado nas subidas: uns 170 m.


.































jueves, 9 de mayo de 2013

APUNTATE AS FOFUCHAS

FACEMOS TODO TIPO DE FOFUCHAS PARA VENDER E PODER MELLORAR A ESCOLA NO RURAL. NON DEIXES DE MERCAR A TUA PÓÑOBOS ALGUNHAS



                                   
                                    CAMIÑANTES POLA EDUCACION PUBLICA
FOFUCHA HADA

FOFUCHA COMUNIÓN



FOFUCHA BAILARINA

FOFUCHA BEBE
PARA AS HABITACIÓNS DOS NENOS
TRES EN RAIA

RELOXO
FOFULAPIZ ENFERMEIRA
FOFUCHA MONITORA PILARES

ÁREA PILATES SARRIA
FOFULAPIZ HADA

NON PASAR

PASEEEEEEEEEEEEEE
FOFUCHA PRINCESA
FOFULAPIZ NENA
XOGADOR DE BALONCESTO
OS NOSOS NENOS EN IDADES DE PREESCOLAR.


PARA A NOSA PROFE DO PROGRAMA "DA CASA O COLE"

A NOSA MESTRA


HADA CON FLOR
MESTRA
 


MAXISTRADA


FOFULAPIZ


A FAMILIA

CANTANTE

PEDIATRA

UNHAS IRMAS



           

NENO COMUNION CO ESCUDO REAL MADRID



                                                                                                                                                                                                                 


Arte dramático
BEBÉ DORMILON
SECRETARIA
NENA DE COMUNION
IRMANS COMUNION
PRINCESA
NENA DA CHOIVA

GIMNASIA RITMICA





PRINCESA

ENFERMERA

XOGADORES LANDRÚS CLUBE RUGBY SARRIA

                                                 

                                                          

PORTEIRO REAL MADRID
                                        


XOGADORA BALONCESTO. C. SARRIA
                                

GRAZAS POR COLABORAR COA ESCOLA DO RURAL

MESTRA

FAMILIA

CIGUEÑA MAIS CASTELLO DE PAÑALES
CIGUEÑA
                                           


COCIÑEIRA

A NOIVA
O NOIVO


VIVAN OS NOIVOS

HADA


A NOSA PROFE SALADINA