martes, 30 de abril de 2013

ANIMACIÓN A LECTURA

Queremos promover a lectura en todas as linguas posibles. Pero coincidindo co día das letras galegas propoñemos que os nenos e maiores compartan e presten os seus libros ou textos en galego.
Estamos a ver que no mercado hai moita falta da nosa literatura, e a que nos atopamos e moi cara. Deberíamos dispoñer te textos suficientes en ambas linguas. Xa que as dúas s falamos dun xeito altruista como e cando queremos.

 
Hoxe no cole faise un sinxelo acto. Cada alumno intercambiará un libro en galego con outro. Mentres se agasallan cos libros recitaranse algúns poemas.
 

domingo, 21 de abril de 2013

AS RECEITAS DAS FAMILIAS DO CEIP DE SAMOS

TARTA DE MELOCOTÓN ( Por Ana e Chus)

1 Paquete de galletas
175 g almendra moida.
150 g de manteiga
1 bote e medio de melocotons en almibar.
3 ovos
100 g de azucre
1 vaso de nata
400 gr queixo fresco.
50 gr fariña


1. Mezclar a galleta coa almendra mais a manteiga. De xeito que quede unha masa homoxenea.
2. Poñer por riba da masa os medios melocotons. ( tamén se poden laminar)
3. Bater tres ovos + o azucre + a nata + o queixo + a fariña.
4. Votar por riba dos melocotóns.
5. Cocer 1 hora a 180º C.
6. Decorar o gusto


BOLIÑAS NAVIDEÑAS





viernes, 19 de abril de 2013

ARTÍCULOS PARA VENDER

PARA CUMPREANOS, PERSONALIZADOS. NADA DE CHUCHES

Para poder levar a cabo todas as acitividades necesitamos de todos os que nos queiran botar unha man. Xa sea dende as persoas que nos deixan os locais para traballar, a todos os nenos e nenas que fan os traballos con moita ilusión, as nais, pais, familias e veciños que nos axudan tanto a levar a cabo todos as actividades así coma todos os que nos compran algo inda que so sexa unha postas de 50 céntimos. Por todo esto vostamos ao traballo aquí vos deixo os primeiros artículos xa feitos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ANÍMATE AS FOFUCHAS.
Preséntobos os novos artículos para vender. Por agora colgamos un bebé fofucha, pódese facer nos colores que desexedes así coma os nombres. tamén estamos a preparara as bonecas fofochas. Xa veredes como vos van a gustar
 
 
FOFUCHA BAILARINA
 
PISAPAPEIS ( QUE FERMOSOS)

 

lunes, 15 de abril de 2013

HORTO ECOLÓXICO

Púxose en marcha dende o colexio un horto ecolóxico.
Da gusto ver as verduras todas nacidas. deixo as fotos para que o vaiades vendo, e un luxo con estes agricultores tan pequenos. Temos zenorias, leitugas, allos, fresas..... Grazas aos nosos peques mais a Pedro, que é o que vai levando o peso de semellante proxecto.
 
 
Onte a 24 de abril, tivemos un pequeno percance no noso horto. Algúen se adicou a estropealo todo. E UNHA MAGOA XA QUE E O TRABALLO DOS NENOS. "Tiñades que ver como se lles quedou a cara cando viron semellante desfeita" Non imos a entrar en calificativos da persoa ( se se lle pode chamar así) Ninguén pode comprender toda a crueldade que aquí se chegou a facer.
DE TODOS XEITOS REPRANTARÉMOLO. ( Coste mais ou menos, voltaremos a comprar a pranta e a traballar de novo)

domingo, 14 de abril de 2013

OS NOSOS POBOS IMÁXENES

AS NOSAS PAISAXES


COMO NOS RECIBE SAMOS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

REAL ABADIA DE SAMOS

UNHA CASA EN SAMOS MOI FERMOSA




miércoles, 10 de abril de 2013

SOLIDARIDADE OPERACIÓN KILO

En decembro iniciamos unha campaña " Operación Kilo" colaboramos coa asociación "O noso Lar" recollemos alimentos para o "Comedor San Froilán de Lugo" Enseñamos os nenos que con moi pouco podemos comprar alimentos e que coman moita xente.

Estes son todos os alimentos recollidos.
Para o próximo ano sen dudalo repetiremos.
Vamos a intentar involucrar a mais cantidade de xente posible


OUTRAS IDADES DIFERENTES

Poñeremos todos os pensamentos dos nenos non tan nenos. Márchansenos do cole con 12 anos, a partir de ahí xa teñen que ser todavía mais autónomos, e teñen un montón de experiencias que contar. A pesar de estudar noutros centros seguen a ser os nosos nenos

OS TRABALLOS DOS NOSOS TESOUROS

Vamos a ir cargando todo o que nos queiran aportar os nosos nenos, xa sexan debuxos, redaccións, poesias...... Todo o que eles queiran, a finalidade e que se animen a expoñer e que valoren eles mesmos todas as grandes cousas que están a facer.

O que estan a traballar os nosos nenos. IMOS VOTAR BARQUIÑAS POLO MIÑO ABAIXO,  Unímonos a iniciativa de Castrelo de Miño. Levan varias menxaxes entre elas manifestando a repulsa contra o destrozo do seu horto ecolóxico.








martes, 9 de abril de 2013

SOLIDARIDADE TODOS CON UXIA

Intentamos facer unha ou dúas actividades o longo do ano en que os nosos nenos vexan que é moi importante ser solidarios unhs cos outros. Que hai moita xente desfavorecida

Dende inicios de curso somos punto de recollida de tapós para Uxia. "Todos con Uxia" a verdade os nenos están encantados, tivemos moi boa resposta. Hoxe por hoxe non vai nigún tapon o lixo.

ACTIVIDADES FEITAS DENDE O CEIP SAMOS

Son todas as actividades que vamos facendo ao longo do ano. En todas os nenos e nenas aprenderon algo, fomentamos distintos aspectos enrriquecedores para eles, ademais das materias que estudan no colexio


A PRIMEIRA ACTIVIDADE FOI DEPORTE EN FAMILIA. FIXÉMOLA ANTES DAS VACACIÓNS DE NAVIDADE. O NOSO MESTRE FOI DIEGO GÓMEZ.
DIPLOMADO EN MAXISTERIO ESPECIALIDADE EN EDUCACIÓN FÍSICA.

Gustounos moitísimo xa que e das poucas veces que podemos participar as familias nunha actividade continuamente. Fomentouse a actividade física, o traballar en equipo, e o compañerismo entre todos.
Para o ano se podemos repetimos. Ademais o noso profe foi xenial deixo a foto para que nos vexades

EXPERIENCIAS VIVIDAS. UN PASO POLO PERCORRIDO DA VIDA

¿Cales son as nosas experiencias? ¿podemos axudar coa nosa historia? hai moita xente que se identificará co que aquí se conta, son todo situacións vividas e reais, son contadas de primeira man, non cambeamos nada, tan só se suben ao blog para achegalas a todos vos.

CONSELLOS DE PAIS E NAIS

Iniciamos esta sección para poder orientar a pais e nais na educación e na crianza dos seus fillos. Por suposto non pretendemos sustituir aos profesionais pero si mostrar as nosas experiencias, xa que moitas veces a teoria e unha e sen embargo a práctica e o día a día e outra, espero que vos guste. Un saúdo

DA CASA O COLE.

O día 18 de marzo do 2013 demos forma ao programa  "DA CASA O COLE" Iniciamos con 9 nenos en idades comprendidas de 0 a 3 anos. Xurdiu a idea tras a supresión do antigo programa "Prescolar na casa" As nais e pais notamos que en todo o rural fai falla unha forma de xurtarnos xa sexa quincenal ou semanalmente. Non todos os nenos teñen a facilidade de comvivir con outros da súa mesma idade. Xa que os invernos son duros e temos distancia duns pobos a outros.´
As reunión fanse no CEIP Samos para que poidan ir coñecendo a súa futura aula, colexio, profesores e por suposto amigos e compañeiros. E unha forma de facer menos traumática a saída da súa casa ao colexio onde van estar moitos días da súa vida.
A nosa mestra non so fai cousas cos nenos senon que nos orienta aos pais a educalos e a estimulalos dun xeito adecuado para cada idade.
Unha reporteira preguntoume se os nenos ian contentos, eu díxenlle que come alguns eran pequeniños non falaban, pero sen embargo víamoslles os seus grandes sorrisos, por eso se entende que o están a pasar xenial. 
Dar as gracias a todos pero unha mención especial a:
              ALDARA, ALBA, AARON, MARTÍN, LLARA, DANIEL, ANTÓN E LAURA.


ESTE LUNS DÍA 15 TIVEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO "IKER" DÁMOSLLE A BENVIDA. ESTAMOS ENCANTADOS DE CADA VEZ SER MAIS.

  

POR FORA DO NOSO COLE. TODO UN PRIVILEXIO ESTUDAR NO CEIP SAMOS


lunes, 8 de abril de 2013

ASOCIACIÓN UN PASO POLO FUTURO CEIP SAMOS

Tras dous anos de loita por manter unha educación de calidade no rural. Un grupo de nais e pais poñemos en marcha esta asociación.
A base fundamental e manter e incluso mellorar a educación dos nosos nenos. Tanto na casa coma no colexio, facer que sexan unhas boas persoas. Non se trata só de que cheguen a ser ........ o que queremos e que non sexan maleantes nin cheguen a delinquir. E dicir o que queremos todolos pais e nais que sexan boa xente "como se di en galicia" boas persoas, e eso conséguese se dende o momento en que nacen teñen uns pilares nos que apoiarse, ( pais, nais, avós, irmáns, amigos ........) Que teñan uns exemplos que seguir así coma un grupo ao que pertenzan. Fomentaremos a súa imaxinación e capacidade de emprender, apoiaremos cada idea que teñan. Intentaremos que estéan en activo o mais tempo que poidan....
Animamos a todolos que queirades participar con nos que o fagades, non importa idade, nin profesión, nin que estudiedes ou non no ceip de Samos, nin que sexades ou non do concello. NON POÑEMOS FRONTEIRAS.
O longo dos meses vamos a ir poñendo en marcha varias iniciativas seguro que podeds participar e moitas delas . Un saúdo para todos