domingo, 30 de noviembre de 2014

2º concurso postais en samos

2º CONCURSO DE POSTAIS – CONVOCA A ASOCIACIÓN UN PASO POLO FUTURO CEIP SAMOS

B A S E S:
A asociación un paso polo futuro Ceip Samos, convoca o segundo concurso de postais. Co obxectivo de permitir e fomentar a imaxinación dos nenos así coma as súas capacidades creativas.  Dirixido a tódolos escolares de entre 1º de infantil e 6º de primaria.
O concurso desenvolverase coas seguintes bases:
1.-PARTICIPANTES.
Poderán concurrir ao concurso tódoslos alumnos/as dos Centros escolares da comunidade, con arreglo ás seguintes categorías:
A.- Alumnos dende 1º de infantil ata 2º de Primaria.
B.- Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
2.- TEMA:
O  tema da tarxeta será libre, valorarase  a orixinalidade, a imaxinación, o que representa a ilustración e a capacidade creativa.
3.- FORMATO
O formato da tarxeta será de 15 x 21 cm.  (media cuartilla de folio Din A4) e  poderá realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.
O soporte material será papel de folio. A técnica será libre e poderán utilizarse todas as cores.
4.- PRESENTACIÓN
Presentaráse unha soa tarxeta por persoa. A  tarxeta irá sen firma. No dorso poñeráselle un pseudónimo (o cal ha de ter polo menos un número), así coma tamén se poñerá o curso do cativo.
Nun sobre pechado irán os seguintes datos: ( Anexo I)
- Nome e apelidos do participante
- Domicilio
- Idade
- Teléfono
- Curso e Centro do participante
- E-Mail: Opcional
- Fotocopia do xustificante de ingreso .
Por fóra do sobre que leva os datos do participante poñeráselle o pseudónimo que coincida co da postal. E terá que chegar pechado, dentro do que leva a postal.
A incrición no concurso será totalmente gratuíta para os alumnos/as que cursen hoxe en día no ceip de Samos. O resto de participantes deberán facer un aporte de 1 euro por persoa, pódese facer o ingreso na conta que se detalla ou ben facelo en man a través da asociación un paso polo futuro ceip samos, ou no mesmo centro.
Caixa rural galega
Nº d conta 3070 0020 20 6107740620


PRAZO E LUGAR DE DE PRESENTACIÓN
Dende o día da publicación destas bases ata o 12 de decembro do 2014.
Todas as postais que chegen fóra de prazo non serán recollidas.
Poderanse traer en man o ceip de Samos ou a trabes da asociación un paso polo futuro ceip Samos. Ou ser enviadas a seguinte dirección por correo postal.
Ceip Samos ; Ctra. Pedrafita, s/n - 27620 Samos (LUGO)
PREMIOS
Establécense os seguintes premios para cada categoría:
Categoría A
1º premio: 30 euros + Diploma
2º premio: 20 euros +Diploma
3º premio: 10 euros + Diploma
4º premio: 5 euros + Diploma
5º premio:  5 euros + Diploma
Categoría B
1º premio: 30 euros + Diploma
2º premio: 20 euros +Diploma
3º premio: 10 euros + Diploma
4º premio: 5 euros + Diploma
5º premio:  5 euros + Diploma

Expoñeranse tódalas tarxetas no concello de Samos, e as premiadas serán expostas durante tódalas festas do Nadal en dito lugar e poderán ser colgadas no blog e no facebook da asociación.
6.- XURADO
O xurado estará formado por un número de personas designadas pola asociación un paso polo futuro ceip samos. Designaranse un número de 3 persoas que non teñan contacto directo co centro escolar e o fallo será inapelable.
7.- EXPOSICIÓN DE TRABALLOS
Tódalas tarxetas presentadas ao concurso serán expostas no CEIP Samos.
As premiadas quedarán dende ese día ata finalizar as festas do Nadal.
A entrega de premios terá lugar no Ceip Samos, o 19 de decembro, ao remate do festival do Nadal.
Os premiados serán avisados cun mínimo con dous días de antelación, vía telefónica ou por e-mail, se o tivesen.
8.- ACEPTACIÓN DAS BASES
A  participación neste concurso supón  a total aceptación das bases.

9. ELIMINACIÓN DAS POSTAIS
Eliminaranse as postais que:
-          Cheguen fóra de prazo.
-          Non reúnan os requisitos das bases.
-          Que veñan con nome, apelidos o algún tipo de identificación do autor.
-          Que veñan sen pseudónimo ou sen o curso que está a facer o neno ou nena.
-          Que sexan copias ou calcadas.
-          Que sexan feitas por adultos ou outras persoas que non sexa o debuxante.
-          Nas que axuden adultos ou outras persoas.
-          Que non traian o xustificante de pago.
-          Nas que os datos veñan sen sobre, ou nun sobre aberto.

10. MAIS INFORMACIÓN
Tlfonos asociación: 619 624 517
Blog: unpasopolofuturoceipsamos.blogpot.com

Facebook: facebook.com/unpasopolofuturoceipsamos