martes, 30 de abril de 2013

ANIMACIÓN A LECTURA

Queremos promover a lectura en todas as linguas posibles. Pero coincidindo co día das letras galegas propoñemos que os nenos e maiores compartan e presten os seus libros ou textos en galego.
Estamos a ver que no mercado hai moita falta da nosa literatura, e a que nos atopamos e moi cara. Deberíamos dispoñer te textos suficientes en ambas linguas. Xa que as dúas s falamos dun xeito altruista como e cando queremos.

 
Hoxe no cole faise un sinxelo acto. Cada alumno intercambiará un libro en galego con outro. Mentres se agasallan cos libros recitaranse algúns poemas.
 

domingo, 21 de abril de 2013

AS RECEITAS DAS FAMILIAS DO CEIP DE SAMOS

TARTA DE MELOCOTÓN ( Por Ana e Chus)

1 Paquete de galletas
175 g almendra moida.
150 g de manteiga
1 bote e medio de melocotons en almibar.
3 ovos
100 g de azucre
1 vaso de nata
400 gr queixo fresco.
50 gr fariña


1. Mezclar a galleta coa almendra mais a manteiga. De xeito que quede unha masa homoxenea.
2. Poñer por riba da masa os medios melocotons. ( tamén se poden laminar)
3. Bater tres ovos + o azucre + a nata + o queixo + a fariña.
4. Votar por riba dos melocotóns.
5. Cocer 1 hora a 180º C.
6. Decorar o gusto


BOLIÑAS NAVIDEÑAS





viernes, 19 de abril de 2013

ARTÍCULOS PARA VENDER

PARA CUMPREANOS, PERSONALIZADOS. NADA DE CHUCHES

Para poder levar a cabo todas as acitividades necesitamos de todos os que nos queiran botar unha man. Xa sea dende as persoas que nos deixan os locais para traballar, a todos os nenos e nenas que fan os traballos con moita ilusión, as nais, pais, familias e veciños que nos axudan tanto a levar a cabo todos as actividades así coma todos os que nos compran algo inda que so sexa unha postas de 50 céntimos. Por todo esto vostamos ao traballo aquí vos deixo os primeiros artículos xa feitos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ANÍMATE AS FOFUCHAS.
Preséntobos os novos artículos para vender. Por agora colgamos un bebé fofucha, pódese facer nos colores que desexedes así coma os nombres. tamén estamos a preparara as bonecas fofochas. Xa veredes como vos van a gustar
 
 
FOFUCHA BAILARINA
 
PISAPAPEIS ( QUE FERMOSOS)

 

lunes, 15 de abril de 2013

HORTO ECOLÓXICO

Púxose en marcha dende o colexio un horto ecolóxico.
Da gusto ver as verduras todas nacidas. deixo as fotos para que o vaiades vendo, e un luxo con estes agricultores tan pequenos. Temos zenorias, leitugas, allos, fresas..... Grazas aos nosos peques mais a Pedro, que é o que vai levando o peso de semellante proxecto.
 
 
Onte a 24 de abril, tivemos un pequeno percance no noso horto. Algúen se adicou a estropealo todo. E UNHA MAGOA XA QUE E O TRABALLO DOS NENOS. "Tiñades que ver como se lles quedou a cara cando viron semellante desfeita" Non imos a entrar en calificativos da persoa ( se se lle pode chamar así) Ninguén pode comprender toda a crueldade que aquí se chegou a facer.
DE TODOS XEITOS REPRANTARÉMOLO. ( Coste mais ou menos, voltaremos a comprar a pranta e a traballar de novo)

domingo, 14 de abril de 2013

OS NOSOS POBOS IMÁXENES

AS NOSAS PAISAXES


COMO NOS RECIBE SAMOS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

REAL ABADIA DE SAMOS

UNHA CASA EN SAMOS MOI FERMOSA




miércoles, 10 de abril de 2013

SOLIDARIDADE OPERACIÓN KILO

En decembro iniciamos unha campaña " Operación Kilo" colaboramos coa asociación "O noso Lar" recollemos alimentos para o "Comedor San Froilán de Lugo" Enseñamos os nenos que con moi pouco podemos comprar alimentos e que coman moita xente.

Estes son todos os alimentos recollidos.
Para o próximo ano sen dudalo repetiremos.
Vamos a intentar involucrar a mais cantidade de xente posible


OUTRAS IDADES DIFERENTES

Poñeremos todos os pensamentos dos nenos non tan nenos. Márchansenos do cole con 12 anos, a partir de ahí xa teñen que ser todavía mais autónomos, e teñen un montón de experiencias que contar. A pesar de estudar noutros centros seguen a ser os nosos nenos