lunes, 8 de abril de 2013

ASOCIACIÓN UN PASO POLO FUTURO CEIP SAMOS

Tras dous anos de loita por manter unha educación de calidade no rural. Un grupo de nais e pais poñemos en marcha esta asociación.
A base fundamental e manter e incluso mellorar a educación dos nosos nenos. Tanto na casa coma no colexio, facer que sexan unhas boas persoas. Non se trata só de que cheguen a ser ........ o que queremos e que non sexan maleantes nin cheguen a delinquir. E dicir o que queremos todolos pais e nais que sexan boa xente "como se di en galicia" boas persoas, e eso conséguese se dende o momento en que nacen teñen uns pilares nos que apoiarse, ( pais, nais, avós, irmáns, amigos ........) Que teñan uns exemplos que seguir así coma un grupo ao que pertenzan. Fomentaremos a súa imaxinación e capacidade de emprender, apoiaremos cada idea que teñan. Intentaremos que estéan en activo o mais tempo que poidan....
Animamos a todolos que queirades participar con nos que o fagades, non importa idade, nin profesión, nin que estudiedes ou non no ceip de Samos, nin que sexades ou non do concello. NON POÑEMOS FRONTEIRAS.
O longo dos meses vamos a ir poñendo en marcha varias iniciativas seguro que podeds participar e moitas delas . Un saúdo para todos

No hay comentarios:

Publicar un comentario