viernes, 5 de julio de 2013

INICIO DE SENDERISMO


Imos a coñecer o noso concello, de que xeito?, pois camiñando facendo rutas de senderismo, comezamos durante as vacacións pero posiblemente fagamos mais o longo do ano





MAÑA INICIAMOS A PRIMEIRA RUTA DEIXO O QUE PODEMOS VER E AS GRANDES RIQUEZAS DO NOSO ENTORNO



   Ruta de sendeirismo “San Cristovo do Real – Teiguín”: San Cristovo, Muíño do Pino, Renche, Lastres, Arxús, Freituxe, San Martiño, Samos e Teiguín.  
O sábado, 20 de xullo.
 
   A interesante arquitectura popular que aínda se conserva (con máis ou menos fortuna), o frescor das corgas e carrilleiras (flanqueadas de carballos e castiñeiros), o murmurio das augas e os trilos dos paxaros nas frondes, case sempre están presentes nesta ruta.
   Saída, ás 9:30, desde o pobo San Cristovo do Real, que se espella no río Oribio e no regato de Nande.
   Cando o sendeiro baixa case a rente do río vemos o Muíño do Pino e, un pouquiño máis adiante, o lugar do Muíño do Zapateiro. Unha pequena subida sitúanos no centro de Renche.
   Baixamos cara Lastres e Arxús, para ascender despois máis suaves encostas pola apracible ribeira do Oribio ata chegar a Freituxe.
   Antes de subir a San Martiño recreámonos cos bucólicos meandros deste tramo do río.
   Tras cruzar a estrada xeral seguimos a ruta de sendeirismo que descende cara Samos e, máis tarde, nos leva por terreo plano a área recreativa de Teiguín.
           San Cristovo do Real – Renche: 1,7 km.               
           Renche – Freituxe: 1,8 km.
           Freituxe – San Mariño: 1,1 km.
           San Martiño – Samos: 1,4 km.
           Samos – Teiguín: 1,9 km.
   Distancia total: case 8 km.
   Desnivel acumulado nas subidas: uns 170 m.


.































No hay comentarios:

Publicar un comentario